Shopping Bag (0)
No products in the cart.

Dormitorio principal

  • Home
  • /
  • Dormitorio principal
    • Galería de fotos

    • Descrición

      Este dormitorio de matrimonio está composto por tres estanzas. A primeira delas é o vestidor que fai ademais de entrada ao cuarto. Nela aproveitáronse as paredes ao máximo con armarios lacados en branco para darlle máis luminosidade e amplitude xa que é un espazo pequeno e sen luz natural.
      Ademais colocouse un espello e un puff. O dormitorio en si, está composto por un conxunto de somier e colchón cunha medida de 180 e un cabeceiro asimétrico en nogueira e lacado branco, con mesas de noite de dous caixóns a xogo.
      A asimetría do cabeceiro e o contraste de dúas cores fan que rompa un pouco as formas lineais nun espazo tan grande.
      Un dos laterais da estanza dedícase a zona de lectura preto da ventá.
Neste espazo destacamos sobre todo o uso das alfombras e o papel colocado no cabeceiro xa que axuda a definir os espazos nunha estanza tan grande.
      No despacho cubriuse unha das paredes cun estante de formas xeométricas cuxa distribución permite ter espazos abertos para libros e zonas pechadas.
      Ademais colocouse un aparador-arquivador, unha mesa en cristal transparente para alixeirar o espazo e unha butaca. A decoración nesta zona é moi simple xa que trata dunha zona de traballo-estudo.

Expertos en decoración de hogares, oficinas, comercios... Pídanos presupuesto

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.

ACEPTAR
Aviso de cookies