Shopping Bag (0)
No products in the cart.

Saa de estar aberto

  • Home
  • /
  • Saa de estar aberto
    • Galería de fotos

    • Descrición

      Á hora de desenvolver este proxecto o equipo de Nobel Mueblesencontrámonos con varias dificultades na distribución da sala xa que está situada na entrada á vivenda, fai de distribuidor para o resto dos cuartos e ten forma de E.
      A zona de sofás-TV colocouse na zona máis afastada da porta para crear un ambiente máis recollido e íntimo. O moble para TV fíxose en liñas lixeiras a base de módulos de colgar xa que a parede na que vai colocado non é demasiado grande. No ángulo recto da L aproveitouse para un parador cun amplo servizo de almacenaxe e continuouse coa mesa deixando así definida a zona de comedor.
      A mesa ademais queda próxima á entrada da cociña para máis comodidade á hora de servizo de comidas. Con esta distribución conséguese deixar definidos os ambientes e deixar as zonas de paso totalmente libres.

      En canto a decoración, co obxectivo de destacar e dar profundidade, se pintou todo nun ton area claro agás na parede de detrás do comedor onde se puxo un area máis intenso e a parede onde van situado o moble de TV un papel neutro tamén en tons areas e brancos. O mobiliario rematou todo en tons neutros, lacados brancos e areas e tapizarías lisas na mesma gama. As cores fortes deixáronse para os pequenos detalles de decoración.

Expertos en decoración de hogares, oficinas, comercios... Pídanos presupuesto

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.

ACEPTAR
Aviso de cookies