Shopping Bag (0)
No products in the cart.

Salón rústico

  • Home
  • /
  • Salón rústico
    • Galería de fotos

    • Descrición

      A este salón con toques rústicos, altos teitos de madeira e paredes con pedra quixemos darlle un enfoque un pouco máis moderno pero sen saírnos da liña que viña marcada polos materiais da casa.
      A casa Egelasta é a elixida para amoblalo xa que nos permite colocar mobles en madeiras naturais neste caso nogueira con tinguidura cincenta, e combinalo con lacados; ademais ten unhas vitrinas modulares cun deseño moi orixinal que nos encaixaban moi ben co estilo que queriamos darlle á decoración.
      O salón vai dividido en dous ambientes, unha zona de sofás na que colocamos unha chaisselongue da casa Pedro Ortiz e o moble de televisión. Na outra zona fixemos un estudo -comedor. Por un lado, colocamos un grande estante de 2,6 de alto da mesma casa Egelasta(prog. Box) que nos permite igualar os tons de madeira e laca do moble de televisión e puxemos portas para que poder distribuír mellor o almacenamento. Diante do estante colocamos dúas butacas da casa Doos cunha lámpada de pé para poder facer unha zona de lectura. Necesitabamos tamén unha mesa-estudo na que puidesen traballar dúas persoas pero tamén era importante para os propietarios ter unha mesa de comedor para poder utilizar en momentos puntuais así que recorremos á mesa mod. Pamplona deLuís Ballús que pechada é de 180 x 49 pero podemos abrila e conseguir unha mesa de 180 x 86 cms.
      En canto á decoración tomamos como basee unha alfombra de círculos de cores da casa Brink and Campman e a partir de aí xogamos cos tons desta para o resto da decoración.

Expertos en decoración de hogares, oficinas, comercios... Pídanos presupuesto

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.

ACEPTAR
Aviso de cookies