Shopping Bag (0)
No products in the cart.

Sobre Nós

  • Muebles Nobel

    “O deseño debe seducir, educar e, quizais o máis importante, provocar unha resposta emocional” (April Greiman).

    En Nobel Muebles somos un equipo de interioristas apaixonadas polo mundo do moble, o deseño e a decoración de interiores. Traballamos con moito entusiasmo no que máis nos gusta, adicadas a captar as últimas tendencias e estilos que traemos á nosa tenda, situada na rúa da Rosa n.º 23.

    Aquí, no noso “taller”, deseñamos ambientes e mundos personalizados para os fogares de cada un dos nosos clientes, tras coñecelo e descubrir que necesita realmente e como o require. Dende hai 20 anos, ofrecemos confianza, profesionalidade, creatividade e personalización para crear espazos acolledores e únicos. En NobelMuebles damos forma aos teus sonos!

  • Cómo traballamos

    • 1 ESCOITÁMOSTE

      Primeiramente necesitamos saber que é o que realmente desexas, que ideas tes para a túa casa ou estanza, os teus gustos… Como o soñaches?

    • 2 ASESORÁMOSTE

      Unha vez que sabemos que requires, asesorámoste sobre as solucións que mellor poden resultar para o teu caso e ofrecémoste diferentes propostas e ideas.

    • 3 AXUDÁMOSTE

      A partir dos planos do teu fogar ou estanza, presentámosche un proxecto sen compromiso. Unha vez aceptado, acordamos contigo cada detalle e levámolo a cabo encargándonos de todo para a túa maior comodidade.

    • 4 ACOMPAÑÁMOSTE SEMPRE

      Dámosche garantías no servizo posvenda ademais de brindarche facilidades de pagamento e acompañámoste ata o final; sempre poderás contar connosco.

    Contacta con Nobel

  • Showroom

    Na nosa tenda encontrarás máis dunha vintena de ambientes distribuídos en 600 m2 de exposición. Cada tres meses renovamos o noso showroom incorporando as últimas tendencias e estilos do sector que captamos asistindo a feiras nacionais e internacionais.

    Pásate a visitarnos e goza deste percorrido polas novidades no mundo da iluminación, decoración e interiorismo que che traemos a Santiago e que preparamos pensando en ti!

  • Visita o noso Outlet online

    Entra no noso Outlet online e aprovéitate das nosas mellores ofertas e promocións.

    Consegue o mellor mobiliario das mellores marcas a un prezo incrible, porque quen dixo que o deseño é caro?

    Visitar Outlet

Expertos en decoración de hogares, oficinas, comercios... Pídanos presupuesto