Shopping Bag (0)
No products in the cart.

Servizos

  • TRANSPORTE E MONTAXE GRATUÍTOS

    Temos un servizo de transporte propio para poder entregar as túas compras no teu domicilio. Levámosche e montamos os mobles sen ningún custo para que só teñas que preocuparte de gozar deles no teu fogar. Cumpriremos cos prazos de entrega establecidos ademais de contar coas máximas garantías en servizo posvenda.

  • PROXECTOS PERSONALIZADOS

    Podes traernos os planos do teu fogar ou dunha estanza e realizaremos, sen ningún tipo de compromiso, unha proposta en 3D para que poidas visualizar como sería o resultado final. En todo momento traballaremos en equipo para ir adaptando o proxecto aos teus gustos e necesidades e dar coa solución máis desexada por ti. Acordaremos mobiliario, complementos, cores, teas, texturas…e pequenos detalles ata dar forma aos teus sonos.

  • FINANCIACIÓN Á MEDIDA

    Contamos con acordos con entidades financeiras coa finalidade de brindar aos nosos clientes distintas solucións para o pagamento das súas adquisicións na nosa tenda. ¡Poderás pagar as túas compras en diferentes prazos sen intereses! Entre as últimas novidades en financiamento destacamos as facilidades para os usuarios da Tarxeta Comercio de NovaGaliciaBanco, que poderán realizar o pagamento das súas compras en cómodos prazos sen intereses, ata un máximo de 12 meses.

  • LISTA DE VODA

    Queremos ofrecervos un servizo completo, e por iso, poñémonos á vosa disposición para asesorarvos sobre a decoración que máis se adapta ao voso estilo. Personalizando ao máximo a lista de voda, para iso, contamos coas tendencias máis actuais e aconsellámosvos sobre que mobiliario se adapta mellor ao voso fogar.

Expertos en decoración de hogares, oficinas, comercios... Pídanos presupuesto

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.

ACEPTAR
Aviso de cookies